"La historia que se forja en la vida cotidiana no se puede comprender sin conocer el pasado" El Estado del Mundo Junior de Akal

Como era a situación laboral feminina e infantil nas cidades industriais?



A muller mantiña o seu papel de esposa e nai, aínda que o seu traballo fóra do fogar (industria téxtil, minaría) era imprescindible para a subsistencia familiar.
Traballaban en condicións de desigualdade, cobrando salarios moito máis baixos cos homes e sometidas a condicións de traballo inhumanas (largas xornadas laborais sen permisos por enfermidade nin maternidade).


A discriminación política, económica e legal era un feito común. Neste contexto a mediados do século XIX xorde o feminismo, que tivo como primeiro movemento organizado sufraxismo.   

Ata a lei de 1833 que prohibía o traballo infantil unha gran cantidade de nenos e nenas traballaron nas fábricas e nas minas de carbón.
Existían dúas formas de traballo infantil: os “aprendices de parroquia” (nenos orfos baixo a protección do goberno británico que non recibían ningún tipo de compensación monetaria) e  os “nenos que traballaban gratis” que en realidade traballaban por salarios moi baixos.
Traballaban entre 12 e 19 horas ao día, seis días á semana, cun descanso dunha hora, en fábricas insalubres (expostos a produtos químicos tóxicos) e realizando tarefas moi perigosas (manexaban maquinaria) expostos a lesións e accidentes mortais.

As escenas do seguinte filme (Daens) recrean a situación: http://faremoshistoria.blogspot.com.es/2014/02/daens.html.

No hay comentarios:

Publicar un comentario